Paisaxes resilientes contra o lume: O momento é agora

Acabo de recibir este correo que creo que, por la importancia de su contenido, y lo que aporta debo presentarlo integro para su difusión:

Muy agradecidos al GDR Pontevedra-Morrazo.

csl- labecos

GDR 1024x325 - Paisaxes resilientes contra o lume: O momento é agora

Estimada amiga, estimado amigo:

O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo presenta a campaña de sensibilización ambiental “Paisaxes resilientes contra o lume: O momento é agora!”, unha iniciativa que pon o foco na resiliencia paisaxística como ferramenta clave de prevención fronte aos incendios forestais.

A campaña parte da evidencia científica e técnica que conclúe que a maior parte dos grandes incendios están asociados a paisaxes homoxéneas, degradadas, con elevada continuidade horizontal e vertical do combustible, resultado do abandono rural, da fragmentación da propiedade e da expansión de monocultivos forestais altamente inflamables.

UN MODELO DE PREVENCIÓN BASEADO NA INFRAESTRUTURA VERDE

A mensaxe central da campaña é que a prevención non pode fundamentarse unicamente nos medios de extinción, senón na planificación paisaxística e na creación de infraestruturas verdes de autoprotección, capaces de:

  • reducir a probabilidade de ignición,
  • limitar a velocidade e intensidade da propagación,
  • mellorar a seguridade das comunidades,
  • e acelerar a recuperación natural post-incendio.

Esta perspectiva integra factores ecolóxicos, socioeconómicos e territoriais, acorde coas máis recentes recomendacións de planificación forestal e adaptación ao cambio climático.

UN RECURSO AUDIOVISUAL PARA SENSIBILIZAR E MOBILIZAR

A campaña emprega como ferramenta principal un vídeo divulgativo, pensado para:

  • achegar á cidadanía e ás administracións unha visión clara e técnica da problemática,
  • promover boas prácticas de xestión do territorio,
  • e fomentar un debate social informado que impulse a transición cara modelos de prevención estrutural.

VÍDEO DISPOÑIBLE EN YOUTUBE: https://youtu.be/sZGFpZm73Hs

Comparte este vídeo para sumar máis voces a favor dunha prevención estrutural para revitalizar o territorio e facelo máis seguro, diverso e resiliente.

A iniciativa inscríbese nas estratexias de desenvolvemento rural sostible e na adaptación territorial aos efectos do cambio climático.

MÁIS INFORMACIÓN: https://www.gdrpontevedramorrazo.eu/web/

FINANCIAMENTO

O proxecto está promovido polo GDR Pontevedra Morrazo e cofinanciado pola Unión Europea, Ministerio de Agricultura e Xunta de Galicia con fondos LEADER (PEPAC 2023–2027).

Agradecéndolle de antemán a súa colaboración na difusión da campaña , reciba un cordial saúdo.

Atentamente,

Miguel Anxo Fernández Lores

Presidente GDR Pontevedra Morrazo

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *